Xogos de mesa Isla calavera de Mercurio
Isla calavera-Mercurio
Isla calavera-Mercurio
Isla calavera-Mercurio
Isla calavera-Mercurio

Isla calavera

Últimas unidades en stock !
€13,50
IVA incluido

Piratas... a polo tesouro...!

Un xogo de combinación de dados e cartas no que hai que conseguir o maior número de puntos, cun pouco de azar i estratexia haberá que saber arriesgar ben ou perderemos o botín. A polo tesouro!

Como se xoga?

Colocamos o mazo de cartas na mesa boca abaixo. O primeiro xogador saca a primeira carta e tira os 8 dados. Dependendo de que carta saque decide se reserva algún dado ou cales volve a tirar. Pero, ollo! non se pode volver a lanzar cun só dado, os dados que mostren unha caveira non se poden volver a tirar e si se sacan tres caveiras pasa o turno sen puntuar. 

Dependendo da tirada que fagamos e a combinación que consigamos cos dados obtemos unha puntuación que anotaremos na nosa folla de puntuación. 

O primeiro que chegue a 6000 puntos gaña.

Contén:

- 8 dados de saqueo

-35 cartas de pirata

- 5 cartas de resumen

- 1 bloc de puntuación

- Instrucións.

Gústanos porque xogando practicamos o cálculo mental, un xogo rápido e divertido. De pequeno formato para levar a cualquera sitio.

Mercurio Distribuciones é unha empresa que naceu no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 dedicanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos

Recomendado para máis de 8 anos. De 2 a 5 xogadores.

2 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.