Xogos de mesa Stone Age de Devir Iberia
Stone Age-Devir Iberia
Stone Age-Devir Iberia
Stone Age-Devir Iberia
Stone Age-Devir Iberia
Stone Age-Devir Iberia
Stone Age-Devir Iberia

Stone Age

Sen Stock
€45,00
IVA incluido

Viaxamos á Idade de Pedra para recrear a vida dos nosos antepasados.

 A Idade de Pedra caracterizouse polos inicios da agricultura, a explotación de recursos e as primeiras edificacións. O trueque e os avances non paraban de sucederse, pero ao mesmo tempo seguían sendo precisas habilidades básicas como a caza. Así teremos que recoller madeira, comerciar, expandir a aldea, en definitiva xestionar os nosos recursos e planificar as accións para gañar.  Un dos xogos básico para entender a mecánica de xestión de recursos e a colocación de traballadores. 

COMO SE XOGA?

Colocamos o taboleiro e preparamos todos os compoñentes no seu lugar.

En cada ronda poderemos:

  • Colocar persoas: teremos que planificar onde queremos colocalas para conseguir os diferentes recursos.
  • Realizar accións: como ampliar a túa tribu, conseguir materiais, comida ou recursos inmediatos.
  • Alimentar á tribu: terás que ter suficiente comida para alimentar á túa tribu ou senón terás que gastar materiais. 

E así iniciaremos de novo outra ronda.

A partida remata cando: 

  • O mazo de cartas de civilización remata.
  • Al menos unha das pilas de edificios remata. 

Comeza o reconto de puntos e aquel xogador ou xogadora que consiga máis puntos gaña a partida.

CONTIDO:

- 116 figuras

- 116 fichas

- 36 cartas

- 7 dados

- 4 tabliñas

- 1 cubilete

- 1 taboleiro

- Instrucións

Gústanos porque estimula o pensamento lóxico, a concentración, estratexia, xestión de recursos, percepción espacial e visual.

Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos paises. Editora de xogos de mesa, entre outras cosas, desde 1985.

Recomendado para máis de 10 anos. 

De 2 a 4 xogadores.

Idade recomendada
+ de 10 anos
Número de personas
2-4
Tempo de xogo
60-90 minutos
Autor/Autora
Bernd Brunnhofer
Ilustrador/Ilustradora
Michael Menzel

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.