Coñécenos
A quen atoparás no noso Chafarís? A Cris e a Kiko

Cris, son Historiadora da Arte, todo o relacionado coa creatividade e imaxinación me fascina. 

Kiko, son enfermeiro, amante das ciencias, dos xogos de construción e dos xogos de mesa.

"Xuntos navegamos neste barco cargados de ilusión, traballo, e sobre todo moitas ganas de xogar!"

Se vos parece invitámosvos a pasear polo noso Chafarís

Que atoparás no noso Chafarís?

O verbo aprender conxúgase xogando e desfrutando

En Chafaris cremos que xogar ñe unha das formas máis poderosas de aprender… e tamién de desfrutar.

Por iso seleccionamos con coidado cada xogo, cada xoguete e cada recurso educativo, inclíndo propostas electrónicas que suman valor ao aprendizaxe, a curiosidade e a exploración.

Somos especialistas en Aprendizaxe Basaeada en Xogos (ABX), pero tamén somos xogóns: nos apasiona o xogo en todas as sús formas, desde o máis sinxelo ao máis estratéxico, desde o máis educativo ao máis divertido.

Traballamos para axudar a familias i educadores a atopar xogos que conecten, ensinen e acompañen o desarrollo dos nenos e nenas, sen renunciar nunca ao máis importante: a diversión e o placer de xogar.

Porque cando o xogo é bo, non só educa… tambén divirte.

Desde o fermoso mar de pedra de Santiago de Compostela esperamos axudarvos a escoller o produto que buscades. Somos unha pequena tenda na que o trato personal, o asesoramento e a confianza son as nosas premisas. E pensaredes que nunha tenda online eso non é posible, nós poñemos á vosa disposición todos os medios (telefónico, email ou redes sociais) para que nos preguntedes ou consultedes todo o que precisedes. 

Se hai algo que buscades e non atopades na páxina escribídenos a info.chafaris@gmail.com , quizáis algún dos nosos distribuidores o ten.

Un xoguete é un compañeiro de viaxe e aprendizaxe, elexir ben é importante. 

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.