Xogos de mesa Oruga de colores de Haba
Oruga de colores-Haba
Oruga de colores-Haba
Oruga de colores-Haba
Oruga de colores-Haba
Oruga de colores-Haba
Oruga de colores-Haba

Oruga de colores

Últimas unidades en stock !
€10,95
IVA incluido

Un colorido xogo de dados. Quén se arrastra por ahí?

Pero quén se arrastra por ahí? Son as eirugas multicores, que se deslizan paso a paso baixo as follas. Gaña o xogo quen consiga  formar completamente a súa propia eiruga cun pouco de azar.

COMO SE XOGA?

Cada xogador colle unha cabeza de eiruga e unha peza de corpo de cada cor. As cabezas e pezas do corpo sobrantes quedan na caixa. Colocámolo boca arriba diante nosa e no centro da mesa as pezas do corpo e a cabeza de eiruga. Preparamos o dado de cores. Por turnos o último en ver unha eiruga é o que comeza e tira o dado. Se na nosa tirada obtemos unha cor que aínda non apareza na eiruga collemos a peza e  colocámola na nosa eiruga. Se pola contra nos sae unha cor que xa teñamos non poderemos colocar a peza xa que non poden repetirse as cores. 

Gaña o que complete a súa eiruga sen repetir cores.

Inclúe unha variante de xogo.

CONTIDO:

- 4 cabezas de eiruga

- 24 pezas de corpo de 6 cores

- 1 dado multicolor

- Instrucións

Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido, rápido. Traballamos os turnos, recoñecemento ación-dado, as cores e na súa variante de xogo tamén a memoria.

Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.

Recomendado para máis de 3 anos.

De 2 a 54jugadores.

1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.