Festas e xogos
imagealt
Desde Chafarís querémosvos axudar a preparar unha festa de inicio/fin de curso diferente, un aniversario, unha xornada de xogos no patio, feiras, congresos, concertos e demáis 

Cómo podemos axudarvos

Dispoñemos dun variado catálogo de xogos de exterior xigantes que podedes alugar en función do número que precisedes. Podedes elexir os que máis vos gustan ou deixarnos o traballo de selección a nós. Dependendo do que seleccionedes varía o prezo. Por suposto, amosámosvos a xogar a cada un dos xogos. 

Que máis podemos ofrecervos?

Dispoñemos ademáis de servicio de recollida de xogos. Achegámonos ao lugar que nos indiquedes. Non só iso, senón que podemos dinamizar os xogos se non vos apetece facelo a vós.

imagealt

E ademáis

Como queremos que o pasedes ben e para iso é preciso saber xogar e coñecer as regras, a explicación de todos os xogos vai incluida no prezo.

 Que xogos temos dispoñibles para alugar?

Se queredes ver a variedade de xogos que podemos ofrecervos para pasar un tempo diferente e divertido só tedes que escribirnos a hola@chafaris.es solicitándonos información. Enviaremosvos un dossier con toda a información. 

Prezo?

Elaboramos presupostos personalizados, polo que é mellor que nos escribades e nos contedes a vosa idea para poder axustar o precio ás vosas necesidades.

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.