Xogos de mesa Rhino Hero de Haba
Rhino Hero-Haba
Rhino Hero-Haba
Rhino Hero-Haba
Rhino Hero-Haba
Rhino Hero-Haba
Rhino Hero-Haba

Rhino Hero

Últimas unidades en stock !
€10,95
IVA incluido

Axudamos a Rhino Hero a construir o rañaceos máis alto? Un trepidante xogo de cartas.

Un divertido xogo de equilibrio con cartas no o noso  obxetivo é construir o rañaceos máis alto... pero coidado con Rhino Hero! fará que se tambalee e se derrumbe, se cae perdemos.

COMO SE XOGA?

Colocamos a carta base (cimento) e un número determinado de cartas según o número de xogadores que seamos. En cada turno teremos que ir colocando as paredes según indique o tellado que colocara o  anterior xogador. Colocaremos a nosa carta de tellado, sempre cun pouco de malicia, porque se colocamos a que contén a imaxe do Rhino o seguinte xogador terá que subilo ata o noso  tellado... e tambalearase. Igualmente outras cartas nos farán ou pasar turno ou perdemos. Atrevedesvos?

CONTIDO:

- 1 carta cimento

- 31 cartas de tellado

- 28 paredes

- 1 Rhino Hero de madeira

- Instrucións

Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido, rápido e trepidante. Apto para toda a familia co que traballaremos a concentración, coordinación e habilidades motrices. O seu pequeno formato fai que podamos levar a calquera sitio.

Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.

Recomendado para máis de 5 anos.

De 2 a 5 jugadores.

2 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.