Club de familias xogonas
imagealt
Que é o club de familias xogonas?
O noso club de familias xogonas quere ofrecervos un novo servizo de préstamo de xogos que estarán dispoñibles só na tenda, iremos incorporando novos xogos e quizáis algunha suxerencia vosa.
Como funciona o club?
Todo os meses habrá unha selección de xogos na tenda que poderedes levar á casa, á piscina, á casa dos avós, á praia, a onde queirades. Durante un máximo dunha semana poderedes probar dous xogos (para que se podan rotar). Na tenda quedarán anotados os xogos que levades e a data de devolución.
Como me inscribo no club?
O club ten un custo de 9.95€ que permite desfrutar do servizo de préstamo durante un mes. No caso de querer continuar noutro mes abonarase de novo dita cantidade.
Normas do Club "Familias xogonas"
  1. É un préstamo, polo que vos rogamos que o coidedes para que outras familias poidan xogar con eles.
  2. O límite de tempo debe cumprirse para que se poidan rotar os produtos
  3. No caso de perda ou estrago do xogo valorarase o seu estado no momento do préstamo e abonarase o prezo correspondente ao PVP e o estado do xogo.
  4. Se nalgún caso non se devolve un xogo o novo servizo de préstamo será cancelado.
  5. Tanto se o xogo vos gustou ou non, gustarianos que compartirades fotos ou comentarios nas nosas redes sociais.
Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.