Obradoiros

Obradoiros "Xogamos"

imagealt
¿Queres organizar un obradoiro sobre xogos de mesa na túa aula ou centro e non sabes cómo?Nós levamos os xogos e xa só faltan as ganas de xogar. Realizamos obradoiros en centros escolares e actividades extraescolares tanto para primaria como secundaria, estivemos no IES Laxeiro, Ceip Apostolo Santiago, Colegio La Salle de Santiago de Compostela, aulas senior de Ategal,  Ceip Pilar Maestu Sierra, Cpi de Boimorto,  IES Nº1 da Estrada, CEIP ADR Castelao de Ordes, CEIP Padre Crespo, entre outros.
Por qué realizamos obradoiros?
Xogamos, probamos e coñecemos os xogos o que nos permite ofrecer obradoiros de xogo de mesa cun claro obxectivo, divertirnos mentras aprendemos a aprender. É tempo de cambiar o modo de aprender, moitas escolas xa comezaron e xa ven os resultados.

Encántanos xogar!
Que faremos?
Unha xornada de xogos na aula, biblioteca, ludoteca, patio ou calquera espacio que nos propoñades. Levaremos xogos adaptados aos niveis, materias, espacio o que vos nos indiquedes para xogar e aproveitar todo aquelo que nos aportan: concentración, observación, estratexia, resolución de problemas, traballo en equipo, razoamento lóxico, creatividade, conceptos matemáticos, curiosidades sobre ciencias naturais,sociais e moito máis.

Unhas xornadas lúdicas á vosa medida.
Cómo será a xornada de xogos?
Adaptámonos á vosa proposta con obradoiros personalizados: por competencias, asignaturas, habilidades, específicos (igualdade de xénero, día da paz, etc). Contádenos o que precisades e facémosvos unha proposta personalizada sen compromiso.
Duración e aforo
A duración mínima para que o taller sexa realmente eficaz é de 2 horas. O aforo determinarase en conxunto co centro.

Para máis información contactade con nós a través das nosas redes sociais, whatsapp enderezo electrónico ou no botón

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.