Xogos de mesa Monster Match de Mercurio
Monster Match-Mercurio
Monster Match-Mercurio
Monster Match-Mercurio
Monster Match-Mercurio

Monster Match

€14,50
IVA incluido

Uns monstros glotóns queren acabar cos donuts, Quén será o que máis monstruos atrape?

Un xogo rápido e divertido de observación e rapidez no que o obxetivo é atrapar mostros e conseguir o maior número de puntos. Cun práctico formato en bolsa para poder levalo a donde queiramos.

COMO SE XOGA?

Colocamos a carta poff no centro e as cartas de mostros aleatoriamente arredor desta. 

O primeiro xogador ou xogadora tira os dous dados, un dado indicanos un número e o outro indicanos unha parte do corpo (Brazos, patas, ollos,...). Se por exemplo nos sae un 2 nun dado e no outro dado ollos teremos que intentar atrapar aos mostros que teñan estas características. Xógase sen turnos, todos á vez buscamos e collemos para a nosa pila os que vaiamos atopando. Senón hai máis mostros que cumplan coa característica colocaremos a mán en Poff e poñeremos de novo outras 10 cartas sobre a mesa. 

E así seguimos xogando ata que rematen as cartas do mazo. Unha vez reamtemos teremos que contar os donuts que aparecen na parte de abaixo da carta para saber quén foi o gañador. Aquel que teña máis donuts gaña. 

CONTIDO:

- 55 cartas

- 1 ficha poff

- 2 dados

- Instrucións

Gústanos porque é un xogo rápido, divertido e apto para xogar en familia, na escola ou entre amigos. Traballamos a atención, a rápidez, a observación, concentración, axilidade visual e primeiros conteos.

Editado por Mercurio Distribuciones.

De 2 a 6 xogadores.

Recomendado para máis de 6 anos. Nós promábolo con grupos de 5 anos e funciona perfectamente.

6 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.