Cargolino Valentino
Unha carrera de caracois na que non gaña o que chega primeiro.
Unha carreira moi especial, os que compiten son caracois e o obxetivo non é ser o primeiro en chegar á meta senón quedar nas últimas posicións. Con moita astucia i estratexia lograremolo. 3,2,1 comezamos.
COMO SE XOGA?
Colocanse todas as fichas de caracol na meta, non importa o número de xogadores que seamos, colocanse todas.
Repartimos as tarxetas que correspondan segundo o número de xogadores que seamos, éstas deben manterse ocultas.
En cada turno tiramos os dados de cores. Os dados representan as cores ou as casas do taboleiro. Cada dado obliga a avanzar un caracol un espacio hacia diante, a ficha que poderemos mover tenrá que ser da cor do dado. Ou poderemos mover un caracol que se encontre nunha casa da cor que nos indica o dado.
Exemplo: se no dado nos sae laranxa poderemos mover o caracol laranxa un espacio ou a calquera que este nunha casa de esta cor.
Unha vez se completa o turno dáselle volta á carta oculta e cada un recibe puntuación según a posición que ocupe o seu caracol ou caracois. Canto máis lonxe da meta se atope máis puntos conseguirá.
Comeza unha nova carreira, repartense de novo as cartas correspondentes e xogamos de novo.
Gaña aquel que consega máis puntos nas dúas carreiras.
CONTIDO:
- 6 figuras de caracol de madera
- 6 fichas de caracol
- 4 dados de seis cores
- fichas de puntuación
- 1 taboleiro de xogo
- Instrucións
Gústanos porque é un xogo divertido e apto para xogar en familia ou na aula. Traballamos a atención, a estratexia, deducción, cores, percepción espacial e visual.
Editado por Átomo Games. Mellor Xogo Infantil do ano 2019 de Polonia.
Recomendado para máis de 5 anos.
De 2 a 6 xogadores.