Xogos de mesa Cubi Locos de Mercurio
Cubi Locos-Mercurio
Cubi Locos-Mercurio
Cubi Locos-Mercurio
Cubi Locos-Mercurio
Cubi Locos-Mercurio
Cubi Locos-Mercurio

Cubi Locos

Sen Stock
€21,95
IVA incluido

¡Rápido! Busca o cubilete correcto e apila na torre. 

Un xogo rápido e divertido no que teremos que ser o máis rápido ou a máis rápida en desfacernos dos nosos cubiños. Cómo? Moi sinxelo só temos que buscar as cores correctas e apilar na torre. 

3,2,1 acción comeza a diversión.

COMO SE XOGA?

Colocamos a base da torre no centro da mesa. Repartimos os cubiños segundo o número de participantes. Comeza o xogador ou a xogadora máis xove de menor idade que decidirá o modo de xogo da ronda: empregando só unha mán ou as dúas para mirar no interior dos cubiños. Lanza o dado e todos ou todas sen turno comezan a apilar os cubiños sobre a base, a cor do primeiro cubo (o seu interior) debe coincidir con algunha das cores do dado. Unha vez colocado o primeiro cubiño fixarémonos na súa cor xa que determinará a cor interior que debe ter o nosos cubiño.

Ex: se colocamos un cubiño verde (no seu exterior) teremos que buscar un cubo que teña o interior verde para poder colocalo a continuación. 

O primeiro xogador ou xogadora que termine os seus cubiños debe comprobar que os colocou correctamente, si é así, gaña a ronda. Se cometeu algún fallo gaña a ronda o que coloque máis cubiletes correctamente.  

Todos os xogadores ou xogadoras collen os seus cubiños e comeza unha nova ronda. Gaña a partida o primeiro xogador ou a primeira xogadora que gañe 3 rondas. 

CONTIDO:

- 24 cubiños

- 1 dado

- 1 base

- Regramento

Gústanos porque xogando desarrollamos a axilidade visual, percepción espacial e visual, razoamento lóxico e concentración. 

Mercurio Distribuciones é unha empresa nacida no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 adicanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos.

Recomendado para máis de 6 anos. 

De 2 a 4 xogadores.

Idade recomendada
+ de 6 anos
Número de personas
2-4
Tempo de xogo
5 minutos

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.