Al loro
Un elefante vermello? Unha fresa amarela? Di a palabra e non te confundas.
Di a palabra correcta cando reveles as túas cartas e non te deixes confundir polo parloteo dos papagaios. Atento ou atenta a unha carta repetida e descúbreo antes que niguén para gañar todas as cartas xogadas.
Quen teña máis cartas ao final da partida gaña.
CÓMO SE XOGA?
Mesturamos todas as cartas e repartimos 25 a cada participante. as restantes se devolven á caixa. Cada persoa pon as súas cartas nun montón boca abaixo. Non se poden ver.
No centro da mesa se colocarán o montón de descartes. En cada turno se revela a parte superior do mazo e se pon no centro no mazo de descartes. Dependendo da carta mostrada poderemos:
. Nomear a carta: a persoa que sacou a carta dirá o obxeto que coincida coa cor da carta.
- O papagaio parlachín: é unha carta especial, si se xoga non hai que dicir o obxeto que corresponde á súa cor senon repetir o que se dixo na anterior carta.
- Dobre: si se revela unha carta que teña o mesmo obxeto que a carta á vista no mazo de descartes sen importar a súa cor é un doble. Nese momento todo o grupo xoga e quen primeiro poña a súa mán sobre o montón levará todas as cartas.
Si se comete un erro debe pagar unha penalización, colocar as dúas primeiras cartas do seu montón no mazo do medio.
Cando alguen xoga a súa última carta se sigue xogando pero se pasa a quenda á hora de xogar as cartas, pero pode seguir intentando gañar o montón de descartes se sae un dobre. Se comete un erro ou outra persoa leva o mazo remata a partida.
En partidas a 2 persoas o xogo remata cando alguen xoga a última carta.
Gaña quen consiga máis cartas.
CONTIDO:
- 110 cartas
- Instrucións
Gústanos porque é un xogo de regras sinxelas. Xogando desarrollamos atención, flexibilidade cognitiva, abstracción, pensamento computacional, asociación, rapidez visual, control inhibitorio e resolución de problemas.
Mercurio Distribuciones é unha empresa que naceu no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 dedícanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos.
Recomendado para máis de 7 anos.
De 2 a 6 xogadores.