Unicornio destello: el tesoro de las nubes
Destello, Astro,Espiral e Flor, catro unicornios que viven no lonxano País das Nubes... pero de pronto levántase unha tormenta.. Ayudamoslles a chegar ao sol?
Catro unicornios viven no lonxano País das Nubes, galopan alegramente polas brandas nubes de algodón, deslizanse polo tobogán do arco da vella ou xogan cos cristais radiantes das nubes. Pero de pronto levántase unha tormenta, os unicornios fuxen rápidamente entre as nubes negras cara o sol. Polo camiño terán que recoller o maior número de cristais de nubes para protexelos da tormenta.
COMO SE XOGA?
Colocamos o taboleiro no centro da mesa. Cada xogador elixe un unicornio e colocao sobre unha nube azul, colocamos 4 cristais de nube sobre a ilustración da nube de sol.
Comeza tirando os dados o que viu un arco da vello máis recentemente. Que nos saíu no dado?
- Unha magdalena: o noso unicornio precisa comer algo doce e non avanza.
- Unha, dúas ou tres nubes: avanzamos no taboleiro según o número que nos indica.
En que casa caimos?
- Unha nube branca que limita con arco da vella:o teu unicornio toma un atallo e deslizase ata a nube ao final do arco da vella.
- Unha nube de cor rosa con dado: collemos o mismo número de cristais que indique o dado.
- Nunha nube de cor lila con agasallo: collemos un cristal de nube e damosllo a un dos nosos compañeiros.
A partida remata cando un unicornio chega á nube do sol e recibe de recompensa 4 cristais. E por último contaremos os nosos cristais. Se aínda non saben contar daremos a volta ao taboleiro e colocamos o unicornio na súa cor correspondente e os cristais que teñamos enriba de cada nube, o que teña a fila máis longa gañará Así de sinxelo.
CONTIDO:
- 1 taboleiro de xogo
- 1 unicornio Destello de cor rosa
- 1 unicornio Astro de cor amarelo
- 1 unicornio Flor de cor lila
- 1 unicornio Espiral de cor turquesa
- 60 cristais de nubes
- 1 dado de cristal de cor rosa
- 1 dado de nubes de cor azul
- Instrucciones
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido e rápido. Apto para toda a familia co que traballaremos a concentración, coordinación, primeiros conteos, ación-dado e habilidades motrices.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 3 anos.
De 2 a 4 xogadores.