Preparar unha noite de xogos de mesa en familia implica unir á familia e pasar un tempo de calidade xuntos. É importante que todos os membros da familia participen activamente e se divirtan. Aquí che mostraremos como organizar unha noite de xogos de mesa en familia e que sexa unha experiencia única e divertida para todos e todas.

1. Por que organizar unha noite de xogos en familia?

2. Preparativos para unha noite de xogos en familia

3. Selección dos xogos de mesa

4. Como facer que a noite sexa divertida para todos?

imagealt

1. Por que organizar unha noite de xogos en familia?

As noites de xogos en familia ofrecen gran cantidade de beneficios, entre eles: 

  • Fomentan a comunicación e a cooperación en familia
  • Crean un ambiente divertido e relaxado para que todos e todas gocen xuntos.
  • Axudan a desenvolver habilidades sociais e cognitivas.
  • Regalan momentos únicos de diversión e risas

2. Preparativos para unha noite de xogos en familia

Para que a noite de xogos de mesa en familia sexa todo un éxito, é importante ter en conta varios factores: 

  • Selecciona unha data e hora adecuadas sen sono nin cansanzo acumulado.
  • Prepara o espazo: elixe un lugar cómodo e amplo onde poidan xogar todos xuntos sen sentirse incómodos. Unha mesa grande é ideal para colocar todos os xogos.
  • Elexir a comida para preparar a cea entre todos ou os snacks. 
imagealt

3. Selección dos xogos de mesa

A selección dos xogos de mesa é clave para que a noite sexa divertida e emocionante para todos e todas. É importante ter en conta:

  • As diferentes idades e habilidades dos participantes: asegúrate de que os xogos que elixas sexan apropiados para todos e todas.
  • Escoller os xogos adecuados para a ocasión: fáciles de explicar, fáciles de aprender, con regras sinxelas
  • Ter en conta o tempo de cada xogo: é recomendable ter varios elexidos para ofrecer alternativas. 

4. Como facer que a noite sexa divertida para todos e todas?

Para que todos e todas se divirtan durante a noite de xogos de mesa en familia, ademáis dos consellos anteriores non olvidedes:

  • Promover a participación  e que ninguén se sinta excluído. Se hai alguén que non se sinte cómodo xogando, asegúrate de que teña outras actividades que facer. E o máis importante: crear un ambiente divertido e relaxado, xogar para divertirse.
  • Manter unha actitude positiva e gozar do momento.
  • Non tomalo demasiado en serio
  • Lembrar que o máis importante é pasar tempo xuntos. 

Aquí che deixamos algunhas ideas de xogos de mesa que poden ser divertidos para organizar a túa primeria noite de xogos de mesa en familia: 

Pelusas-Mercurio Pelusas-Mercurio 2
Available
Xogos de mesa

Pelusas

€13,50
Quen conseguirá máis pelusas?
Rhino Hero-Haba Rhino Hero-Haba 2
Available
Xogos de mesa

Rhino Hero

€10,95
Axudamos a Rhino Hero a construir o rañaceos máis alto? Un trepidante xogo de cartas.

Esperamos que estes consellos che foran de utilidade para organizar a vosa próxima noite de xogos de mesa. 

Xogar , un novo ocio familiar!