Xogos de mesa La Morada Maldita de Mercurio
La Morada Maldita-Mercurio
La Morada Maldita-Mercurio
La Morada Maldita-Mercurio
La Morada Maldita-Mercurio

La Morada Maldita

€18,50
IVA incluido

Quén conseguirá atrapar as xemas?

Un xogo divertido de agudeza visual de Sergio Ortiz no que teremos que conseguir máis xemas que os demáis xogadores ou as demáis xogadoras. O ancián máis rico e lonxevo de Rocabrillante deixou a súa herencia a todo o pobo. Como habitantes da villa recorreremos a súa morada maldita para superar os retos e recoller todas as xemas que poidamos. Pero ¡coidado! coa xoia morada, din que quén a toque quedará maldito

Poderedes sobrepoñervos aos peligros das maldicións da morada maldita?

COMO SE XOGA?

Colocamos as 65 xemas boca arriba de modo que todos os xogadores e xogadoras as vexan. Mesturamos as cartas de reto e repartimos segundo o número de xogadores. Colocamos as nosas cartas, sen miralas, diante nosa boca abaixo. 

Mesturamos tamén as cartas de maldición e poñémolas co evento á vista segundo o número de xogadores ou xogadoras. 

En cada quenda todos e todas xogan ao mesmo tempo, o xogador ou a xogadora de máis idade di en alto "3, 2,1 a polas xemas" e os xogadores xirarán a súa primeira carta empezando pola esquerda. Cada carta mostra un reto e teremos que buscar a xema que cumpla as condicións que nos indica (forma e cor, cor, forma xeométrica, número de lados, a maioritaria, etc). 

O primeiro xogador que consiga completar todos os retos colle a xoia morada e a ronda remata de inmediato.

Compróbanse os retos, as cartas correctas deixánse a un lado, as que non son correctas colócanse debaixo da xoia morada (ese será o bote, así o xogador que colla a xoia morada levarao na seguinte ronda sempre que os seus retos sexan todos correctos).  Pero ¡ollo! tede coidado porque cada vez que collades a xoia morada caerá unha maldición sobre vós que poderá obligarvos a ter as máns atadas, a tener o cóbado na mesa, levantarse da mesa e dar a volta á cadeira cada vez que completedes un reto, entre outras.

Cando rematen as 5 rondas o xogo remata, cada xogador conta os seus puntos. O que máis puntos teña será o gañador.

CONTIDO:

- 109 cartas

- 65 fichas de xema

- 1 xoia morada maldita 3D

- Reglamento

Gústanos porque xogando desarrollamos a axilidade visual, percepción espacial e visual, razoamento lóico e concentración. 

Mercurio Distribuciones é unha empresa nacida no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 adicanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos.

Recomendado para máis de 7 anos. 

De 2 a 6 xogadores.

Idade recomendada
+ de 7 anos
Número de personas
2-6
Tempo de xogo
20 minutos
Autor/Autora
Sergio Ortiz
Ilustrador/Ilustradora
Isaac Murgadella
3 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.