Xogos de mesa Sushi go de Devir Iberia
Sushi go-Devir Iberia
Sushi go-Devir Iberia
Sushi go-Devir Iberia
Sushi go-Devir Iberia

Sushi go

€10,00
IVA incluido

Poderedes atopar as cartas para cociñar o menú perfecto mentras as cartas xiran pola mesa sen parar?

Un xogo rápido e divertido de cartas co que nos convertiremos en cociñeiros de sushi. Non é preciso ser un experto cociñeiro senón ser rápido e estratega. As cartas con coloridas ilustracións, fáciles de recoñecer e de recordar a súa puntuación xa que cada carta nola recorda. O obxetivo do xogo é conseguir o maior número de puntos elaborando o noso propio menú. Pero non é tan sinxelo como semella xa que as cartas xiran sen parar dunhas máns a outras.

COMO SE XOGA?

Barallamos as cartas e repartímolas a cada xogador, sen miralas. Todos ao mesmo tempo teremos que elexir unha das nosas cartas, colocaremola boca abaixo diante nosaa, todos á vez xiraremos a carta elexida e pasaremos o resto de cartas ao noso compañeiro da esquerda e así sucesivamente ata rematar as cartas que estén en xogo. Iremos recibindo os descartes dos demáis xogadores e intentaremos crear a mellor combinación posible para gañar máis puntos. Unha vez remate a ronda, faremos reconto dos puntos obtidos e comezaremos unha nova ronda. Así ata completar 3 rondas.

Todas as cartas especifican a puntuación, por exemplo si temos 2 cartas de tempura conseguiremos 5 puntos.

O xogador que máis puntos consiga en total gaña a partida. Pero ollo! non esquezades o postre ou penalizaranvos no final.

CONTIDO:

- 108 cartas

- Caixa metálica

- Instrucións

Gústanos porque estimula a atención, a concentración, rapidez visual, percepción espacial e visual. O seu formato compacto permite a calquera lugar.

Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos países. Editora de xogos de mesa, entre outras cousas, desde 1985.

Recomendado para máis de 8 anos.

De 2 a 5 xogadores.

3 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.