Xogos de mesa O xardín das cores de Brazolinda
O xardín das cores-Brazolinda
O xardín das cores-Brazolinda

O xardín das cores

Últimas unidades en stock !
€30,00
IVA incluido

As flores perderon os seus pétalos. Axudámoslles a atopalos?. Entre todos conseguiremos poñerlles cor.

As flores perderon os seus pétalos, só lles queda a parte central.

COMO SE XOGA?

Cada xogador ten a súa flor, por turnos tiraremos o dado e iremos colocando a peza da cor que nos indica o dado no lugar que nos encaixe, así conseguiremos completar a nosa flor e que brile de novo no xardín de cores.

Un xogo no que traballar as cores, respetar turnos, a psicomotricidade fina por medio do encaixe de pezas, así como a asociación dados e acción.

Gústannos os  xogos de Brazolinda porque están deseñados e fabricados de maneira artesanal en Galicia, e porque neles sempre se mestura o lúdico e o educativo. Todos os seus xogos se presentan nunha caixa de madeira pintada a mán.

Importante: as instrucións son en galego.

Recomendado para máis de 3 anos.

1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.