Xogos de mesa A carreira dos caracois de Brazolinda
A carreira dos caracois-Brazolinda
A carreira dos caracois-Brazolinda
A carreira dos caracois-Brazolinda
A carreira dos caracois-Brazolinda

A carreira dos caracois

Últimas unidades en stock !
€26,00
IVA incluido

Os caracois teñen moita fame, seredes quen de cruzar o río para comer a leituga máis apetitosa?

Dúas familias de caracois con moita fame saíron na procura de comida, pero hai un problema, as mellores leitugas están ao outro lado do río. Teremos que ser os primeiros en chegar á nosa leituga da cor que nos corresponda. Tiramos o dado e colocamos o caracol da cor que indique á altura do caracol da mesma cor do xogador contrario, deste xeito irán avanzando ou retrocendo polo taboleiro.

É un xogo sinxelo para iniciarnos nos xogos de mesa coa identificación de regras comúns, respetar as quendas e a asociación dado-acción.

Xogando con estes fermosos caracois de fieltro reforzamos a aprendizaxe das cores, melloramos a psicomitricidade fina e o xogo en equipo. O xogo está todo realizado en fieltro e preséntase nun bonita cestiña tamén de fieltro.

Gústannos os xogos de Brazolinda porque están deseñados e fabricados de maneira artesanal en Galicia, e porque neles se mestura sempre o lúdico i educativo. Todos os seus xogos se presentan nunha caixa de madeira pintada a mán.
Importante: as instrucións son en galego.
Recomendado para máis de 2 anos.
1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.