Xogos de mesa La Morada Maldita y los tesoros de Pirita de Mercurio
La Morada Maldita y los tesoros de Pirita-Mercurio
La Morada Maldita y los tesoros de Pirita-Mercurio
La Morada Maldita y los tesoros de Pirita-Mercurio
La Morada Maldita y los tesoros de Pirita-Mercurio

La Morada Maldita y los tesoros de Pirita

Sen Stock
€10,95
IVA incluido

Chegou por fin a expansión de La morada Maldita

Se La Morada maldita vos ten enganchados ou engachadas non podedes perdervos a súa expansión con dous novos modos de xogo, novas cartas de reto, maldicións, eventos e a cadeliña Pirita. 

Atréveste a probala?

Recordade que é unha expasión, necesitades o xogo base para poder xogala.

COMO SE XOGA?

Poderemos elexir entre dous novos modos de xogo:

- Os fragmentos malditos: neste modo preparase como no xogo base pero antes de comezar se colocan 12 fragmentos aleatoriamente sobre as xemas. Se colles unha xema con fragmento levarás unha maldición aínda que non consigas facer todos os retos. Eso sí cada cristaliño valerá dous puntos extra ao final da partida.

- Pirita quere xogar: preparase tamén como o xogo base pero antes de comezar colócase o coxín e Pirita sobre as xemas tapando algunhas aleatoriamente de maneira que calquera poida mirar debaixo ou pode movelas para despistar aos opoñentes. 

Non esquezas incluir as novas cartas reto e maldicións ou eventos porque traen unha dose extra de diversión.

CONTIDO:

- 20 cartas reto

- 5 cartas maldición/evento

- 12 fragmentos malditos

- 1 loseta Pirita

- 1 loseta coxín

- Reglamento

Gústanos porque xogando desarrollamos a axilidade visual, percepción espacial e visual, razoamento lóico e concentración. 

Mercurio Distribuciones é unha empresa nacida no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 adicanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos.

Recomendado para máis de 7 anos. 

De 2 a 6 xogadores.

Idade recomendada
+ de 7 anos
Número de personas
2-6
Tempo de xogo
20 minutos
Autor/Autora
Sergio Ortiz
Ilustrador/Ilustradora
Isaac Murgadella

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.