Xogos de mesa Cartas piratatak de Djeco
Cartas piratatak-Djeco
Cartas piratatak-Djeco
Cartas piratatak-Djeco
Cartas piratatak-Djeco
Cartas piratatak-Djeco
Cartas piratatak-Djeco

Cartas piratatak

Sen Stock
€9,90
IVA incluido

Quen será o primeiro en construír o seu barco?

Un xogo de cartas rápido e divertido no que teremos que construír o noso barco antes de que nos ataquen os piratas. Cun pouco de azar e de estratexia seguro que o conseguiremos. Ao abordaxe!

COMO SE XOGA?

Poñemos todo o mazo de cartas no centro da mesa boca abaixo. 

Por turnos imos roubando carta, enseñámola e temos 4 posibilidades:

- Carta barco: teremos que comezar a construír o barco da cor que nos indica a carta. É dicir si noutro turno nos sae unha carta barco de outra cor, gardámolas por se as quere comprar algún xogador, pero non nos servirán para o noso barco.

- Carta pirata: teremos que tirar ao mazo tres das nosas cartas, xa sea as que acumulamos ou do noso propio barco.

- Carta moneda: con 3 cartas moeda poderemos comprar unha carta barco a outro xogador, que estará obligado a vendela. Só se pode comprar unha carta por turno.

- Carta cañón: é o comodín, se nos sae unha carta pirata desfacémosnos do comodín e así non tiraremos tres cartas.

O primeiro xogador que logre completar o seu barco formado por 6 cartas gaña. 

CONTIDO:

- 55 cartas

- Instrucións. 

Gústanos porque xogando divertímonos. Xogando desarrollamos a atención, a concentración, estratexia e o respeto de turnos. O seu pequeno formato e práctica caixa de almacenaxe permitenos levalo a cualquera sitio.

Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade convertena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tela se caracterizan pola súa calidade e o seu colorido. Os seus productos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.

Recomendado para máis de 5 anos.

De 2 a 4 xogadores.

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.