Quebracabezas: as gaivotas peregrinas
As gaivotas viaxan a Compostela.....
Un quebracabezas en caixa pequena de formato compacto todo realizado en cartón. As súas 24 pezas forman a ilustración de Aida Alonso na que se narra a chegada de gaivotas peregrinas a Santiago de Compostela. Con ilustracións de vivas cores, para amantes de Compostela e as gaivotas.
Gústanos porque os quebracabezas estimulan a concentración, a coordinación mán-ollo, percepción espacial e visual, atención e planificación.
Jigway é unha empresa galega cunha idea clara, deseñar recordos da nosa cidade diferentes e xogables. Fabrican e diseñan en Galicia.
Recomendado para máis de 3 anos.