Extraescolares Chafaris

Extraescolares Chafaris

imagealt
Dende Chafarís queremos ofrecervos unhas actividades extraescolares diferentes as xa ofertadas normalmente. 

Cómo o faremos?
Farémolo xogando a xogos de mesa coidadosamente seleccionados por nós orientados a estimular diferentes destrezas.
Por qué xogos de mesa?
O xogo e un modo innato e natural de aprendizaxe. Os xogos de mesa permiten experimentar sen temer o fracaso, aprender por ensaio e erro sen consecuencias por equivocarnos.
Qué habilidades traballaremos?
Cos xogos de mesa entrenaremos as nosas habilidades cognitivas como: observación comprensión, memoria, planificación, organización, toma de decisións, xestion emocional, velocidade de procesamento... Habilidades necesarias na vida diaria que nos permiten desenvolvernos eficazmente ante calquera situación cotidiana e permite xestionar mellor a aprendizaxe de contidos.
Cáles son os nosos obxetivos didácticos?
Potenciar as relacións sociais extra-tecnolóxicas. Propiciar un lugar de encontro entre nenos e nenas. Afianzar os coñecementos aprendidos. Traballar as habilidades cognitivas. Fortalecer as funcións executivas do cerebro. Respetar ao adversario. Saber valorar e recoñecer os logros tanto alleos como propios.
Qué faremos?
Unha vez reunido o grupo, os propios participantes plantearán grupos específicos para cada xogo. Algún alumno que xa saiba xogar ao xogo, poderá explicar a dinámica do mesmo aos demáis integrantes. O monitor xestiona os grupos e as dúbidas puidendo incluirse dentro de algún grupo se se precisa axuda ou un xogador adicional. Durante o transcurso da actividade, a medida que avanza o tempo, as características do grupo van cambiando, de modo que os xogos comezarán a ser máis difíciles para adaptarse aos niveis de aprendizaxe. Todos e todas desde pequenos ata maiores, traballarán a través do xogos as diferentes mecánicas, estratexias e dinámicas que o xogo lles permite desarrollar, acorde ao seu nivel e idade
Duración e número de participantes.
A duración mínima aconsellada é dunha hora á semana. O número mínimo de participantes por grupo é de 6 e o máximo de participantes por grupo é de 10, en idades comprendidas entre 5 e 12 anos. (de 1º a 6º de primaria).

Os xogos de mesa poden empregarse directamente como material de apoio na aprendizaxe académica, pero para nósa súa aportación máis importante reside no seu potencial lúdico para potenciar e afianzar as habilidades xa mencionadas anteriormente.

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.