Xogos de mesa Dixit de Asmodee
Dixit-Asmodee
Dixit-Asmodee
Dixit-Asmodee
Dixit-Asmodee
Dixit-Asmodee
Dixit-Asmodee
Dixit-Asmodee
Dixit-Asmodee

Dixit

Últimas unidades en stock !
€32,99
IVA incluido

Un xogo no que a imaxe vale máis que mil palabras.

Un espectacular xogo visual i evocador no que unha imaxe vale  máis que mil palabras. Un contacontos en cada ronda evocará ou describirá unha carta e o resto terán que relacionar unha das súas cartas co tema da ronda. Poderán ser palabras, películas, contos, emocións, todo aquelo que se nos ocurra, un xogo versátil cunha coidada estética que vos enamorará cando o teñades sobre a mesa. Creativo, sinxelo, divertido i evocador. As súas imáxes oníricas semellan sacadas dun libro fermosamente ilustrado.

COMO SE XOGA?

Colócanse os coellos de puntuación ao principio do taboleiro que é a propia caixa.

Repártense 6 cartas a cada xogador e comeza o xogo.

En cada ronda haberá un contacontos diferente ou non como queirades. Elixe unha das súas 6 cartas, sen ensinala e di unha frase, palabra, un son, unha canción, unha expresión, un conto, un poema, un cadro en definitiva algo que lle evoque dita carta. Imaxinación ao poder. 

Os demáis xogadores terán que seleccionar unha das súas cartas, a que consideran que se axusta máis ao evocado polo narrador ou contacontos. Colocanse todas boca abaixo no centro da mesa. Barallanse e xíranse boca arriba.

Os xogadores terán que votar cal cren que é a do contacontos. 

- Se todos os xogadores acertan ou ningún acerta, o contacontos non gaña ningún punto e o resto de xogadores consiguen 2 puntos. 

- Se aciertan algúns xogadores pero non todos, o contacontos e os que han acertaron levan 3 puntos. 

- Cada xogador leva ademáis 1 punto polo voto á súa carta.

Cóllense cartas, sempre teremos na mán 6 cartas e comeza unha nova ronda. Cando se acaben as cartas o que máis puntos teña gaña a partida. 

Gústanos porque xogando desarrollamos a imaxinación, creatividade, linguaxe, asociación de imaxes, capacidade de sintese, atención, vocabulario, percepción visual i expresión emocional.

Editado por Libellud y distribuido en España por Asmodee.

Recomendado para máis de 8 anos.

De 3 a 6 xogadores.

1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.