Carcassonne Junior
Un primeiro xogo para pequenos e pequenas estrategas....
Unha adaptación para peques do famoso xogo de mesa Carcassonne. Un xogo de losetas no que o obxetivo é colocar todas as súas pezas (meeples) sobre o terreo de xogo. Os xogos de losetas ofrecen moita "rexogabilidade", xa que a partida sempre varía, ao non ter un taboleiro determinado.
COMO SE XOGA?
Colocamos todas as pezas de terreo en varios mazos boca abaixo e deixamos unha ficha de terreo (ou loseta) boca arriba no centro da mesa como loseta de inicio da partida.
Repartimos oito pezas ou meplees dunha cor a cada xogador. Por turnos cada xogador colle unha loseta dunha das pilas e colocaa sempre tentando crear un camiño e pechalo para colocar algunha das súas pezas.
Cada loseta terá varios modos de colocala, dependerá de como queiramos crear o noso camiño.
Gaña o primeiro que coloca todas as súas figuras ou (meplees) nos seus camiños pechados.
CONTIDO:
- 32 figuras de madeira en 4 cores
- 36 pezas de territorio en tamaño grande.
- Instrucións.
Gústanos porque estimula o pensamento lóxico, a concentración, atención, percepción espacial e visual.
Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos paises. Editora de xogos de mesa, entre outras cosas, desde 1985.
Recomendado para máis de 4 anos.