Xogos de mesa Castillos del Terror de Atomo Games
Castillos del Terror-Atomo Games
Castillos del Terror-Atomo Games
Castillos del Terror-Atomo Games
Castillos del Terror-Atomo Games
Castillos del Terror-Atomo Games
Castillos del Terror-Atomo Games

Castillos del Terror

Últimas unidades en stock !
€15,00
IVA incluido

Un xogo mostruosamente terrorífico!

O Sr. Stocker convocou aos aventureiros máis valentes para liberalo. Precisaremos toda a nosa nosa astucia e valor para gañar. Elixe a túa personaxe, reúne os obxetos encantados e atrapa os monstros. Aquel que consiga atrapar máis será o gañador. Atréveste?

COMO SE XOGA?

Cada xogador elixe unha personaxe, faise unha pila co mazo de obxetos, repártense 4 a cada xogador e o resto deixánse ao alcance de todos boca abaixo.

Destapamos as cartas de monstros (1 máis que o número de xogadores que somos) e preparados para capturalos. Como? Moi sinxelo, na carta de monstro hai unha serie de obxetos, estos son os que precisamos para capturalos. No noso turno roubamos do mazo unha carta obxeto e miramos se podemos capturar algún. Se as temos e queremos descartamos as cartas e colocamos o monstro frente a nós, se non temos obxetos suficientes descartamos unha carta e collemos outra. . Destapamos un novo. E así sucesivamente ata que atrapemos todos os monstros.

Hai ademáis varios obxetos especiais como a mochila que nos servirá de comodín, a chave e o candado co que se pode capturar calquera monstruo (que non conteña imaxe de candando).

Pero ollo dependendo da modalidade de xogo que elixas. Os personaxes tamén teñen habilidades especiais...

CONTIDO:

- 62 cartas

- 3 modalidades de xogo

Gústanos porque é un xogo rápido, divertido e apto para xogar en familia. Poden xogar nenos de diferentes idades en case igualdade de condicións xa que hai unha parte importante de azar. Traballamos a atención e a estratexia.

Editado por Átomo Games, premiado como Mejor juego familiar español 2018 pola BGC.

Recomendado para máis de 6 anos.

De 2 a 4 xogadores.

2 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.