Pixie Time
Un trepidante xogo cooperativo a cotrareloxo
Benvidos á Academia de Maxia! O traballo en equipo é esencial en seis emocionantes desafíos.
Xuntos, debedes capturar aos travesos Pixies con poderosos feitizos antes de que se acabe o tempo. A precisión e as decisións rápidas son a clave do éxito. Un trepidante xogo cooperativo no que por quendas deberedes lanzar o dado e mover o reloxo de area polas fichas na dirección que queirades.
O obxectivo é capturar todos os pixies conxuntamente antes de que se termina o tempo, pero coidado por que durante o voso exame de maxia deberedes estar atentos ás accións que debereís ir facendo todos en función de onde caiades.
Pero non vos preocupedes por que dispoñedes de fichas de atallo e mesmo unha varuta para gañar tempo extras. Ademais, se o primeiro exámen pareceuvos doado, podedes intentar superar os de niveis máis complicado. Un trepidante e divertido reto contrareloj para demostrar os poderes que temos.
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido erápido e trepidante. Apto para toda a familia co que traballaremos a concentración, atención, toma de decisións, traballo en equipo i estratexia.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 8 anos.
De 1 a 6 xogadores.