Game snacks Sweets
Un doce xogo de memoria
En “Game Snacks" todos buscades deliciosos aperitivos.
Quen lembre mellor onde están os aperitivos correctos e complete primeiro os seus grupos de 3 propios, gana o xogo.
COMO SE XOGA?
Cada xogador ou xogadora dispoñerá duns aperitivos que deberá atopar entre as fichas do centro.
Para iso, na súa quenda collerá a ficha boca arriba do centro cun dos seus snacks, colocaraa sobre unha ficha boca abaixo, e as volteará.
Se ambas as teñen o mesmo aperitivo que ademais é un propio, completa un trío e estás máis preto da vitoria. Bo proveito!
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido, rápido e trepidante. Apto para toda a familia co que traballaremos a concentración, atención e memoria
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 6 anos.
De 2 a 4 xogadores.