Triggle
Forma o máximo número de triángulos para gañar!
Estira as gomas , forma triángulos e conquista o taboleiro nun xogo de estratexia onde cada movemento pode cambiar a partida.
Coloca as gomas entre os pivotes para pechar triángulos e reclamar territorio coas túas fichas… pero coidado: un movemento mal calculado pode dar a vitoria ao teu rival.
COMO SE XOGA?
Tensa unha goma elástica entre catro postes para formar unha liña.
Cruza as gomas elásticas para crear espazos triangulares.
Enche os espazos triangulares cos teus ficas para gañar!
Gústanos porque xogando traballamos a estratexia, planifiación, visión espacial, toma de decisións e xeometría.
Recomendado para máis de 7 anos.
De 2 a 4 xogadores.