Robodance
Os robots máis marchosos xa están listos para a festa!
En Robodance, cada carta pon a proba algo máis que os reflexos. Os xogadores terán que observar con atención, identificar rapidamente a combinación correcta de cores ou formas e lembrar o patrón mentres buscan ao robot adecuado. Todo iso en cuestión de segundos, adestrando a velocidade de procesamiento, a discriminación visual e a memoria de traballo dunha forma tan divertida que nin se darán conta de que están a aprender.
E cando chega o momento de imitar os movementos… todo o corpo entra en acción! Cada partida convértese nunha oportunidade perfecta para desenvolver a motricidade grosa, a coordinación e a expresión corporal a través do xogo.
Un xogo educativo, dinámico e cheo de risos que demostra que aprender tamén pode facerse… a ritmo de robot!
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido, rápido co que traballaremos recoñecemento de patróns, a atención, a visopercepción, habilidades corporais e a motricidade.
Otc é unha empresa especializada na distribución e comercialización de xogos e xoguetes para todas as tendas de España.
Recomendado para máis de 6 anos.