Xogos de mesa Ito de Maldito games
Ito-Maldito games
  • Sen stock
Ito-Maldito games

Ito

Sen stock
12,00 €
IVA incluido

Un xogo ideal para toda a familia.

Conta a lenda que un fío vermello invisible conecta a aqueles destinados a atoparse, sen importar o tempo, o lugar nin as circunstancias. O fío vermello pódese estirar, contraer, enredar, pero nunca romper. «Unmei non akai ito», o fío vermello do destino, é unha lenda popular asiática que en occidente equivale ao concepto de «almas xemelgas».

Ao empezar cada rolda, roubaredes unha carta de tema que vos exporá unha pregunta que permite infinidade de respostas.

Cada xogador rouba unha carta numerada do 1 ao 100 e pensa unha resposta que se axuste ao número da súa carta.

Dun nun, os xogadores comunican as súas respostas e colocan as súas cartas boca abaixo no despregamento, tratando de preservar a orde crecente de números e creando o fío que une todos os seus pensamentos.

Ito é un xogo cooperativo sinxelísimo para grandes grupos no que viviredes unha chea de situacións aloucadas.

A vosa empatía pódevos levar á vitoria e o voso enxeño provocará un disparate de gargalladas.

Gústanos porque xogando desarrollamos o traballo en equipo, a empatía e a cohesión grupal.

Recomendado para máis de 8 anos.

Idade recomendada
+ de 8 anos
Número de personas
2-8
Tempo de xogo
30 min
Autor/Autora
Mitsuru Nakamura

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.