Momo
¡A batalla de palabras!
En cada quenda de Momo, a acción é simultánea. Os xogadores voltean unha carta do seu mazo e compiten por atopar e dicir en voz alta a primeira palabra que cumpra coas restricións impostas: unha ou varias letras obrigatorias, unha letra prohibida, un tema específico, etc. A velocidade é clave, pero a palabra debe ser válida.
O xogador que tarde máis en atopar unha palabra, ou aquel que se equivoque cunha resposta non válida, recolle todas as cartas boca arriba, e o xogo continúa coa seguinte rolda. Unha vez que todos os mazos están baleiros, o xogador que recollese a menor cantidade de cartas gaña a rolda.
Cartas especiais engaden variedade e dinamismo, asegurando que cada partida sexa única e imprevisible.
Momo é un xogo de cartas doado de transportar, rápido de explicar, moi rexugable grazas ás súas variantes e modos de xogo, e garante diversión e rapidez en cada partida.
Gústanos porque xogando estimulamos velocidade de procesamento, flexibilidade cognitiva i estratexia.
Recomendado para máis de 8 anos.