Catán cartas
DISPONIBLE EN 3-4 DÍAS
Ata onde chegará a túa capacidade de negociación?
O aclamado clásico de Klaus Teuber volve nun novo formato máis pequeno e económico. Deseñado polo seu fillo Benjamin Teuber, Catan o xogo de cartas é a versión portátil do prestixioso título de estratexia, xestión de recursos e comercio que nos reta a desenvolver e expandir un asentamento na illa de Catan. Nesta edición, pensada para entre 3 e 4 persoas a partir de 10 anos, os xogadores compiten por alcanzar 7 puntos de vitoria.
Catan o xogo de cartas mantén a esencia do xogo de taboleiro orixinal, co engadido que grazas ao seu formato permite vivir a experiencia en calquera lugar. Ideal para viaxes e partidas improvisadas, será o voso fiel aliado en encontros casuais con amigos e familia. Toda a diversión do clásico de taboleiro nunha edición de peto!
COMO SE XOGA?
As regras son moi intuitivas, enseguida poñerédesvos a xogar! Tal como ocorre no Catan orixinal, aquí tamén atoparedes cartas coas cinco materias primas (arxila, madeira, la, cereais e minerais); para representar o progreso dos xogadores, tamén hai unha baralla de cartas de construción (con estradas, poboados, cidades e cabaleiros). E a diferenza do clásico de Klaus Teuber aquí atopamos 4 cartas de metrópoles e 7 eventos.
En cada rolda os xogadores levan a cabo unha fase de produción común, onde todos roubarán unha carta de materia prima (por cada cidade ou metrópoles que teña un xogador, roubará unha materia adicional). Na segunda fase, os xogadores poderán comerciar e construír, dun modo similar ao que ocorre no xogo orixinal. Se un xogador constrúe unha carta de poboado, revélase unha carta de evento e séguense as instrucións da carta. A partida prosegue ata que un xogador alcanza os 7 puntos de vitoria.
CONTIDO:
- 120 cartas
- 1 reglamento
Gústanos porque estimula a estratexia, a planificación, resolución de problemas e negociación.
Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos países. Editora de xogos de mesa, entre outras cousas, desde 1985.
Recomendado para máis de 8 anos.
De 2 a 4 xogadores.