Punto
Inxeño e un pouco des sorte para gañar
Xogo de cartas no que por quendas imos colocando as nosas cartas con distintas cantidades de puntos, nunha cuadrícula de 6 x 6 co obxectivo de ser o primeiro en formar unha fila de 5 cartas da mesma cor. As cartas deben colocarse de forma adxacente (tocándose por un lateral ou esquina) ou ben encima dunha carta de menor valor.
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido, rápido e trepidante. Apto para toda a familia co que traballaremos a visopercepción e razoamento lóxico. O seu pequeno formato fai que podamos levar a calquera sitio.
Editado por Game factory
Recomendado para máis de 8 anos.
De 2 a 4 jugadores.