Tras los pasos de Marie Curie
Prepárate para unha emocionante aventura no laboratorio coa icónica Marie Curie!
Marie Skłodowska, máis coñecida como Marie Curie, foi unha científica pioneira no campo da radioactividade e unha das maiores estudosas da historia. Tras os pasos de Marie Curie é un xogo familiar, ideal para iniciarse nas mecánicas de planificación, no que as persoas investigarán nos seus laboratorios e gañarán premios Nobel. O punto diferencial reside na torre onde lanzaremos os cubitos, a cal simula o proceso dun experimento científico. Deberemos planificar ben as nosas accións e decidir con cautela para poder maximizar os nosos experimentos e resultados.
O futuro da ciencia está nas túas mans!
COMO SE XOGA?
Na túa quenda farás os seguintes 4 pasos en orde:
Taller: Lanza os cubitos indicados á torre (e avanza o marcador de tempo se corresponde).
Investigación: (unha das 2)
- Colleita recursos dos que saísen da torre.
- Escribe unha tese.
Realiza experimentos: (tantos como queiras e en calquera orde).
- Comprar unha carta (só 1 por quenda).
- Transforma recursos.
- Valida experimentos.
- Valida o teu obxectivo.
Descanso: Comproba o numero de recursos que tes e avanza o marcador de taller.
Gústanos porque é un xogo sinxelo e cun toque de astucia. Axuda a desarrollar a estratexia.
Recomendado para máis de 10 anos.