Bichos
Un xogo de cálculo imprescindible
¡Hai bichos por todas partes! Pero, cantos hai exactamente? Os xogadores/as deben memorizar ben onde se esconden as cascudas, os escaravellos etc., porque teñen que atopar a cantidade que mostran os dados.
Quen consiga calcular correctamente o número de bichos sen destapar demasiados, conseguirá máis fichas e gañará.
CONTIDO:
- 2 fichas-bicho,
- 1 dado de números do 1 ao 6 (verde),
- 1 dado de números do 0 ao 3 (amarelo),
- 1 instruccións de xogo.
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, rápido e trepidante. Co que traballaremos a memoria, cálculo ata 10, concentración, coordinación e velocidade de procesamento. O seu pequeno formato fai que podamos levar a calquera sitio.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 6 anos.
De 2 a 4 jugadores.