Xogos de mesa Celestia de Devir Iberia
Celestia-Devir Iberia
Celestia-Devir Iberia
Celestia-Devir Iberia
Celestia-Devir Iberia
Celestia-Devir Iberia
Celestia-Devir Iberia
Celestia-Devir Iberia
Celestia-Devir Iberia

Celestia

€30,00
IVA incluido

¡Volve un clásico familiar!

En Celestia, os xogadores viaxan en busca de tesouros a través de distintas cidades. Con todo, deben decidir en que momento baixan da aeronave, pois canto máis avanza, máis posibilidades ten de sufrir un accidente. Con todo, os tesouros das cidades máis afastadas sempre son mellores… Permanece na aeronave todo o que poidas e consegue os tesouros máis valiosos do mundo de Celestia. Canto máis risco, maiores riquezas!

Durante as súas viaxes, Gulliver buscou en balde o marabilloso mundo de Celestia. Seguindo os pasos deste lendario aventureiro, emprende a túa viaxe cara a cidades celestiais tan misteriosas como os tesouros que esconden. Durante as túas aventuras, enfrontarasche a perigosas tormentas, piratas de Lockhars e paxaros damok. Serás o mellor piloto da aeronave? Poderás ver a túa valentía recompensada?

Deseñado por Aaron Weissblum e ilustrado por Gaetan Noir, Celestia publicouse orixinalmente hai 10 anos e segue conquistando xogadores en todo o mundo. Pódese gozar en grupos de 2 a 6 xogadores, a partir de 8 anos, en partidas duns 30 minutos. Con mecánicas de tiradas de dados, forzar a sorte e xestión de cartas, Celestia rétanos a alcanzar a puntuación máis alta posible coas cartas de tesouro que se obteñen quenda tras quenda.

Ao longo da partida, cada xogador ten que visitar as cidades máis afastadas do misterioso mundo de Celestia para descubrir tesouros incribles. O xogador que consiga a colección máis valiosa gañará a partida. Con todo, cada cidade oculta tesouros distintos. 

En cada quenda, un dos xogadores será o capitán e tomará o control da aeronave. Para avanzar entre cidades, deberá tirar os dados e tratar de superar os perigos que mostren os resultados coas súas cartas. O resto dos xogadores poderán decidir baixar da nave ou confiar no capitán para chegar a novas cidades. Se deciden baixar roubarán unha carta de tesouro, se deciden continuar, avanzarán cara a cidades con mellores tesouros, pero se o capitán non pode facer fronte aos perigos da viaxe os tripulantes que sigan na nave perderán a oportunidade de conseguir cartas esa quenda. De ti depende forzar ou non a sorte!

Permanece na aeronave todo o que poidas e consegue os tesouros máis valiosos do mundo de Celestia. Canto máis risco, maiores riquezas!

Gústanos porque estimula a atención, a concentración, rapidez visual, percepción espacial e visual. O seu formato pequeno permite levalo a cualquera lugar. 

Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos países. Editora de xogos de mesa, entre outras cousas, desde 1985.

Recomendado para máis de 8 años.

De 2 a 6 xogadores.

Idade recomendada
+ de 8 anos
Número de personas
2-6
Autor/Autora
Aaron Weissblum
Ilustrador/Ilustradora
Gaetan Noir

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.