Fantasma Blitz ¡Feliz aniversario!
A pantasma Balduino cumpre anos e trae un pastel para celebralo! Esta edición especial do clásico xogo de rapidez visual pódese gozar por si soa ou en combinación coas edicións orixinais de Pantasma Blitz e Pantasma Blitz 2. Coa nova mecánica do pastel, engádense 2 novas regras que lle dan unha pequena volta de porca ao xogo. Serás o máis rápido e conseguirás máis cartas que o resto?
Obra de Jacques Zeimet, Pantasma Blitz Felices aniversarios! Pódese gozar en parella ou en grupos de ata 8 xogadores, a partir de 8 anos, en sesións de entre 20 e 30 minutos. O obxectivo do xogo consiste en ser o máis rápido en seleccionar o obxecto correcto en función do que apareza na carta revelada.
Nesta edición, o pastel serve para marcar un dos cinco obxectos do xogo orixinal e aplícanse dúas regras especiais.
Ademais, esta versión vén nun formato contido, ideal para levar a calquera sitio.
Gústanos porque xogando traballamos a probabilidade, estratexia, atención e toma de decisións.
Recomendado para máis de 8 años.
De 2 a 8 xogadores.