Kelbazar!
Un xogo de mesa creativo onde representas obxectos con formas e obxectos
KelBazar! de Djeco é un xogo de mesa orixinal e moi divertido que pon a proba a imaxinación e a comunicación entre os xogadores. Cada quenda, unha persoa colle unha carta cun obxecto, animal ou cousa común e debe representala utilizando unicamente as formas de madeira e corda incluídas, sen falar nin gesticular.
O obxectivo é que o resto de xogadores adiviñe que se está tentando formar. Con máis de 250 cartas ilustradas e elementos sinxelos pero versátiles, cada rolda é unha sorpresa, o que mantén a partida dinámica e entretida.
KelBazar! estimula a creatividade, a expresión visual e o traballo en equipo, e é ideal para xogar en familia ou con amigos.
Gústanos porque estimula a creatividade e imaxinación.
Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade convertena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tela se caracterizan pola súa calidade e o seu colorido. Os seus productos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.
Recomendado para máis de 7 anos.