Strategeti
¡Goberna o Serengueti!
Strategeti é un xogo de estratexia divertido, rápido e aloucado para 2 xogadores con regras sinxelas.
Fácil de aprender, pero difícil de dominar! Tenta dominar o Serengeti colocando e movendo ingeniosamente aos teus animais no taboleiro de 4x4!
COMO SE XOGA?
Os elefantes repelen a outros animais, incluso levándoos ao río cheo de crocrodilos ou ao barranco. Os leóns cómen ás gacelas e ás cebras. As gacelas poden saltar sobre outros animais, incluso varias veces nunha quenda!
As cebras, por fin, poden correr libremente en calquera dirección.
Fai que colaboren e maximizarás as túas posibilidades de gañar!
Para dominar o Serengeti e gañar o xogo, coloca 4 dos teus animais nunha liña horizontal, vertical ou diagonal, elimina 5 dos animais do teu opoñente ou bloqueaos para que non se movan.
O taboleiro de xogo a dobre cara ten diferentes puntos de entrada e o que che desafiará a cambiar completamente a túa estratexia entre os dous niveis de xogo.
CONTIDO:
- 1 taboleiro a dobre cara
- 16 fichas de animais (8 brancas e 8 verdes)
- 2 leóns
- 2 gacelas
- 2 cebras
- 2 elefantes
- 1 instruccións do xogo.
Gústanos porque xogando desarrollamos habilidades sociais, estratexia, concentración, resolución de problemas, razoamento lóxico e percepción visua.
FlexIQ é unha nova marca belga cuxa misión se centra no desenrolo de competencias básicas. Todos os xogos FlexiQ fomentan estas 6 habilidades principais: enfocar e reenfocar, relacionar, cambiar de perspectiva, considerar múltiples opcións, traballar a memoria e Resolver problemas.
Recomendado para máis de 7 anos.
Para 2 xogadores.