Xogos de mesa Junk Art Revolution de Asmodee
Junk Art Revolution-Asmodee
Junk Art Revolution-Asmodee
Junk Art Revolution-Asmodee
Junk Art Revolution-Asmodee

Junk Art Revolution

Sen Stock
€39,99
IVA incluido

Onde uns ven lixo, outros ven arte.

Es un artista emerxente coñecido por converter chatarra en magnificas estruturas e lixo en creacións impresionantes. Este tipo de arte, coñecido como Junk Art, está en auxe e outros artistas como ti comezan a demostrar habilidades extraordinarias. O movemento cada vez gaña máis adeptos por todo o planeta e cada gran cidade realiza as súas propias exposicións.

Junk Art é unha mestura de bo pulso, equilibrio e un pouco de sorte. Iniciarás unha xira mundial que che levará a exhibir as túas obras en diferentes cidades de todo o mundo. En cada cidade terás que crear unha estrutura distinta coas pezas do xogo, e nalgunhas che pedirán tamén xogar cartas.

Sexa cal for o lugar, o teu obxectivo sempre será o mesmo: lograr o maior número de seguidores e converterche así no artista do momento, sendo quen constrúa a estrutura máis alta, o último en permanecer en pé… e moitos máis retos.

Gústanos porque  xogando estimulamos velocidade de procesamento, vocabulario, fluidez verbal e flexibilidade cognitiva.

Recomendado para máis de 8 anos.

Idade recomendada
8 anos
Número de personas
2-6
Tempo de xogo
30 min
Autor/Autora
Jay Cormier y Sen-Foong Lim

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.