Point of View – Lost Places
Un divertido xogo cooperativo
Xogo cooperativo de observación e comunicación, no que cada xogador conta cunha fotografia do mesmo espazo desde unha perspectiva concreta (norte, sur, leste ou oeste).
As imaxes mantéñense ocultas ao resto de xogadores e mediante preguntas, entre todos tentarán resolver as preguntas que se presentan nas cartas acerca do que aparece no espazo común. Para superar o xogo, entre todos é preciso resolver un determinado número de enigmas.
App dispoñible para escoitar os audios dos textos.
Gústanos porque xogando traballaremos linguaxe, Habilidades Sociais i emocionais, Visopercepción.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 10 anos.
De 2 a 8 xogadores.