¡Algo extraño ocorriu no castelo! Pola noite, alguén cambiou de sitio os sombreiros dos seus habitantes: o mago vese ridículo cos cornos de dragón na cabeza, e a princesa semella unha bruxa con ese sombreiro. Así que, ¡temos que axudalos con este desastre! Por quendas se destapan cartas de sombreiro en segreto, cambianse cartas de posición ou destápanse cartas para conseguir o máximo de parellas.
Ademáis para gañar aquí non se precisa únicamente boa memoria, se non unhas boas dotes para o faroleo.
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido, rápido co que traballaremos a visopercepción, a memoria e as habilidades sociais.
Otc é unha empresa especializada na distribución e comercialización de xogos e xoguetes para todas as tendas de España.
Recomendado para máis de 6 anos.
16 produtos máis na mesma categoría:
Xogos de mesa
Ubongo Jr. Trilingüe
€25,00
Quén será o primeiro en colocar todas as súas pezas? A versión Jr do clásico Ubongo.
Xogos de mesa
Zoología
€30,00
As portas da gran enciclopedia zoológica abríronse de pao a pao e todos os animais, desde as alpacas ata os ornitorrincos, están a tratar de escapar!