Woolfy
Podremos entre todos construír a casa de ladrillo e levar ata ela aos tres porquiños?... Coidado co el lobo.. tén a pota preparada.
Un xogo cooperativo no que gañamos todos ou gaña o lobo, teremos que ser rápidos e hábiles para construir a casa de ladrillo e conseguir que os porquiños se refuxen nela antes de que o lobo os atrape e os meta na pota. Seremos capaces?.... Ohhh pobres porquiños!
COMO SE XOGA?
Empeza o xogador máis xove, tira o dado da cor do porquiño que queira mover. Según o que indique o dado hai varias opcións:
- O dado indica 1, 2 ,3, o porquiño avanzará o número de casas que indica hacia a esquerda ou dereita (a eleción do xogador).
- O dado indica a cara do lobo. O xogador move o lobo da súa casas ata a seguinte casela lobo seguindo o sentido das agullas do reloxo. Se o lobo no seu recorrido atopa algún porquiño, éste irá directamente á pota.
Para poder rescatar aos porquiños da pota do lobo, un xogador deberá conseguir levar a un porquiño a unha das dúas casas “pota”, o seguinte xogador debe tirar o dado e sacar un 1, 2 o 3 para poder sacalo.
Cada vez que un porquiño chegue á casa “ladrillos” (situada diante da casa de ladrillo), o xogador añadirá unha parte da casa. Cando a casa xa esté construída os tres porquiños deberán chegar para gañar a partida.
Gústanos porque fomenta o xogo en equipo e a estratexia. Xogando desarrollamos as habilidades motrices, coordinación mán-ollo e dado- acción.
Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade convertena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tela se caracterizan pola súa calidade e o seu colorido. Os seus productos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.
Recomendado de 5 a 9 anos.