Ikonikus
Xogar coas emocións nunca foi tan divertido.
¿Cómo te sintes no sillón do dentista?, ¿cómo te sentirías se che caera o teléfon ao váter?…
¿Serías capaz de contestar a esas preguntas empregando cartas en lugar de palabras?
As cartas de Ikonikus só conteñen símbolos, pero as interpretacións son infinitas porque todo depende do contexto e do teu propio punto de vista.
Ikonikus é un divertido xogo no que terás que desarrollar toda a túa empatía e poñerte no lugar do resto de participantes para adiviñar qué sentirían eles en cada situación.
COMO SE XOGA?
Baralla as cartas, reparte cinco a cada xogador e coloca o resto nun mazo boca abaixo.
O xogador inicial formula unha pregunta empezando por: ¿Cómo me sentiría si... ? Pódense plantear situacións reais ou inventadas.
O resto de xogadores escolle de entre as súas cartas a que cree que ten o icono máis representativo a esa emoción e colocaa boca abaixo no centro da mesa.
Quen realiza a pregunta, levanta as cartas unha a unha e interpreta as respostas á súa maneira. Escolle unha delas, a que cree que representa melor a súa emoción nesa situación e o xogador que elixiu esa carta, gañará e contará como un punto de victoria.
Xóganse diferentes rondas, cambiando o xogador inicial en cada unha delas.
A partida remata cando un xogador consigue tres cartas e se leva a victoria.
Podedes empregar algunha das cien preguntas de exemplo que se inclúen nas instruccións.
¡Deixa voar a túa imaxinación e as túas emocións con Ikonikus!
Ideal para xogar na aula e traballar a empatía e as emocións consiguindo ampliar vocabulario i expresar o que sentimos.
CONTIDO:
- 120 cartas
- Instruccións
Gústanos porque xogando desarrollamos a cohesión grupal, vocabulario, empatía, relacións sociais, razoamento lóxico, asociación conceptos e creatividade.
Zacatrus crea i edita os seus propios xogos, distribue ademáis xogos de outras editoriais.
Recomendado para máis de 7 anos.