O xogo do Picapau
Supera os desafíos e aprende xogando
O PICAPAU é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas:
Lingua e literatura; 2. ciencias, xeografía e recursos; 3. historia, cultura, persoeiros e tradicións e 4. cultura xeral. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País.
O xogo combina as preguntas con xogos-desafíos que poñerán a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo.
Gaña quen remate en primeiro lugar o percorrido do taboleiro respondendo atinadamente as tarxetas-pregunta e superando os desafíos (probas) e/ou mini-xogos que no transcurso da partida vaian xurdindo.
CONTIDO:
- 1 taboleiro
- 1 dado
- 6 peóns
- 400 tarxetas-pregunta
- 25 tarxetas-sorte
- 20 tarxetas-desafío
- 1 taco de notas
- 1 instrucións
Gústanos porque xogando non só aprendemos coñecementos sobre a nosa terra senón que ademáis desarrollamos a concetración, compresión escrita. expresión oral, memoria, atención, concentración e razoamento lóxico.
Ozocogz comezou no deseño de camisetas para amigos e familiares, o éxito levóunos non só a crear a súa propia tenda senón a súa liña de produtos. Deseñado e fabricado en Galicia.
Recomendado para máis de 9 anos.
De 2 a 6 xogadores.
Importante: o xogo está en galego.