Wingspan
Un xogo competitivo de producción e coleccionismo de aves.
Vos convertiredes en apasionados e coleccionistas de aves. Seredes (investigadores, ornitólogos, observadores de aves e coleccionistas) que intentan atraer as aves máis exóticas e interesantes ao voso aviario. Cada ave funcionará como engrenaxe nas combinacións dos vosos hábitats. Ditos hábitats se centran en gañar fichas de alimento, poñer ovos i elexir entre centos de cartas de ave.
Gaña quén acumule máis puntos sumando aves, cartas de bonificación, obxetivos, ovos, alimento e aves solapadas.
Un xogo deseñado por Elizabeth Hargrave.
COMO SE XOGA?
Wingspan xógase en catro rondas. En cada ronda se realizan turnos ata completar cada participante os seus cubos de acción. En cada turno pódese realizar unha das seguintes accións:
- Xogar un ave da túa mán
- Obter alimento e activar poderes de aves do bosque
- Poñer ovos e activar poderes de aves de pradeira
- Roubar cartas de ave e activar poderes de aves da zona húmida
A ronda finaliza cando todos os participantes colocaron todos os seus cubos de acción seguindo estos pasos en orde:
- Retirar todos os cubos de acción do teu taboleiro de xogador ou xogadora
- Puntuar o obxetivo de final de ronda que acabas de completar
- Descartar todas as cartas de ave boca arriba da bandexa de aves e enchela de novo con cartas de ave do mazo.
- A ficha de xogador inicial pasa ao seguinte no sentido das agullas do reloxo
A partida finaliza cando remata a 4ª ronda, quén consiga máis puntos gana
CONTIDO:
- 1 taboleiro de obxetivos
- 1 bandexa de aves
- 1 comedeiro de aves
- 1 bloc de puntuación
- 170 cartas de ave
- 26 cartas de bonificación
- 75 miniaturas de ovos
- 5 dados epeciales
- 40 cubos de acción
- 103 fichas de alimento
- 8 losetas de obxetivo
- 1 ficha de xogador inicial
- 1 guía de referencia rápida
- 1 apéndice
- 1 reglamento
Maldito Games é unha editorial española ubicada en Sevilla. Nacen no 2015 co propósito de publicar títulos nunca antes publicados en castelán.
Gústanos porque xogando desarrollamos a estratexia, planificación espacial, razoamento lóxico, atención e percepción visual.
Recomendado para máis de 10 anos.
De 1 a 5 xogadores.