Xogos de mesa Primer frutal de Haba
Primer frutal-Haba
Primer frutal-Haba
Primer frutal-Haba
Primer frutal-Haba

Primer frutal

Últimas unidades en stock !
€26,99
IVA incluido

O corvo quere comer todas as froitas das árbores. Conseguiremos evitalo entre todos?

Un primeiro xogo cooperativo no que teremos que sementar e recoller as nosas froitas antes de que o corvo as coma. Un xogo de regras sinxelas e pezas grandes ideal para unha primeira toma de contacto cos xogos de mesa. 

COMO SE XOGA?

Colocamos todo como nos indica, a froita repartida nas árbores, unha cesta a cada participante ou equipo e as pezas do quebracabezas apiladas. 

Por turnos tiramos o dado:

- Se sae a cor vermella, amarela, verde ou azul haberá que recoller a froita desa cor colocala na cesta, no caso de que xa non queden froitas desa cor pasamos o turno.  

- Se sae a cesta da froita poden collerse dúas froitas de calquera árbore e poñelas na cesta.

- Se sae o corvo colocarase unha peza do quebracabezas no seu kugar correspondente do taboleiro.  

Se entre todos os participantes recollen todas as froitas antes de  que se complete o quebracabezas do corvo gañan a partida. Se non é así terán que volver a intentalo.

CONTIDO:

- 10 mazás

- 10 peras

- 10 pares de cereixas

- 10 cirolas

- 4 cestos

- 1 quebracabezas de corvo de 9 pezas

- 1 dado de cores e símbolos

- 1 taboleiro

- Instruccións do xogo. 

Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas co que traballaremos a concentración, ccoperación, cores, primeiros conteos, formas e habilidades motrices. 

Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.

Recomendado de 3 a 6 anos.

De 1 a 8 xogadores.

Idade recomendada
+ de 3 anos
Número de personas
1-4
Tempo de xogo
10 minutos
Autor/Autora
Vera Baumeister
Ilustrador/Ilustradora
Walter Matheis, Reiner Stolte
2 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.