Xogos de mesa A cabana de Brazolinda
A cabana-Brazolinda
A cabana-Brazolinda
A cabana-Brazolinda
A cabana-Brazolinda

A cabana

Últimas unidades en stock !
€35,00
IVA incluido

Seremos capaces de construír a cabana antes da tormenta?

Imaxinade que sodes un grupo de exploradores nun día desapracible perdidos... A noite vai chegando e cómpre facer unha cabana o máis rápido posible...

COMO SE XOGA?

Este xogo conta con cartas de 4 niveis de dificultade diferentes, poderedes mesturalas ou seleccionalas por niveis dependendo das idades dos xogadores para que todos poidan xogar. Deberemos reproducir a figura que indica a carta o máis rápido posible, unha vez a teñamos tocamos o timbre, pero ollo a figura debe estar en pé no momento que toquemos o timbre.

Gústannos porque están deseñados e fabricados de maneira artesanal en Galicia, e porque neles se mestura sempre o lúdico i educativo. Todos os seus xogos se presentan nunha caixa de madeira pintada a mán. Xogando a construír a cabana traballamos a observación e concentración, melloramos a psicomotricidade fina, concepción espacial, tridimensionalidade e o xogo en equipo.

Importante: as instrucións son en galego.

Recomendado para máis de 3 anos.

Pódese tamén xogar en modo individual.

Idade recomendada
+ de 3 anos
Número de personas
2-4
Tempo de xogo
30 min
2 elementos:

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.