Código secreto 13+4
Un divertido xogo para practicar cálculo mental.
Pola noite comezou a misión secreta "Amón Ra", un equipo composto por catro axentes secretos que entrarán no museo e descifrarán complicados códigos do dispositivo de seguridade con cálculos moi precisos. Terán que combinar os dados para que os resultados correspondan cos números do código. Quén será o primeiro en superar todas as barreiras luminosas para atrapar a valiosa máscara de Amón Ra?
COMO SE XOGA?
Colocamos as fichas de números sobre o taboleiro e os axentes na primeira casa. Cada xogador, por turnos, tira os 6 dados e vai realizando as operacións quen queira para conseguir o número que indica a ficha por la que se quiera pasar. Descartará os dados que empregou e continua co resto, pode volver a tirar os dados e intentar conseguir a seguinte ficha. Cando un xogador queda sen dados ou non pode conseguir o seguinte número pasa o turno ao seguinte xogador ou xogadora.
Gana o primero en chegar á última casa do taboleiro.
CONTIDO:
- 1 taboleiro de xogo
- 4 axentes secretos
- 15 fichas de números
- 6 dados
- Instrucións
Gústanos porque é un xogo con regras sinxelas, divertido e rápido. Apto para toda la familia e a aula co que traballaremos o cálculo mental, operacións matemáticas básicas, planificación e razoamento lóxico.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 8 anos.
De 2 a 4 xogadores.