Xogos de mesa Patchwork de Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games
Patchwork-Maldito games

Patchwork

Sen Stock
€23,99
IVA incluido

Con tantos restos de tea é hora de facer unha colcha.

Un xogo abstracto de estratexia para dous xogadores no que competiremos por realizar a mellor colcha. Elaborala require tempo e paciencia xa que non todos os retais nos servirán. O que mellor ou a que mellor elixa e cosa os seus parches será o gañador ou gañadora. Un xogo do famoso Uwe Rosemberg nominado a numerosos premios, gañador do premio "Golden Geek" ao mellor xogo abstracto entre outros.  Comezamos?

COMO SE XOGA?

Cada xogador o xogadora colle un taboleiro- colcha, un marcador de tempo e 5 botóns. Colocamos o taboleiro central na mesa e os dous marcadores de tempo na casa de saída. Os parches distribuímolos aleatoriamente en forma de círculo ou óvulo aredor do taboleiro central. Colocamos o peón xusto diante do parche máis pequeno e os parches de coiro no seu lugar ( no taboleiro central)

Comeza o xogador ou xogadora que usou recentemente unha agulla. No seu turno cada xogador ou xogadora pode realizar estas acións: 

- Elexir un parche

- Mover o peón

- Pagar o parche

- Colocar o parche na súa colcha

- Mover o marcador de tempo.

Compraremos retais entre os dispoñibles e moveremos o número de casas segundo a complexidade do retal escollido. A medida que avanzamos polo taboleiro recibimos botóns e competimos polos mellores anacos de tea. 

A partida remata cando ambos xogadores chegan á casa central do taboleiro, obterán puntos segundo os espacios que non recheen e os botóns que consigan. O xogador ou xogadora que máis puntos consiga gaña. 

CONTIDO:


- 1 taboleiro central

- 2 taboleiros colcha

- 1 peón

- 2 marcadores de tempo

- 1 loseta 7x7

- 33 parches

- 32 fichas de 1

- 12 fichas de 5

- 5 fichas de 10

- 1 ficha de 20.

- 5 parches de coiro

- 1 reglamento

Maldito Games é unha editorial española ubicada en Sevilla. Nacen no 2015 co propósito de publicar títulos nunca antes publicados en castelán. 

Gústanos porque xogando desarrollamos a estratexia, planificación espacial, razoamento lóxico, atención e percepción visual.

Recomendado para máis de 8 anos.

Para 2 xogadores. 

Idade recomendada
+ de 8 anos
Número de personas
2
Tempo de xogo
15-30 minutos
Autor/Autora
Uwe Rosenberg
Ilustrador/Ilustradora
Carrie Cantwell, Klemens Franz, Maya Hanisch, Rex Lee, Jolanta Lendzioszek, Cecilia Mok, Gru Tsow

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.